Mago de Oz fará vibrar Culleredo o vindeiro 1 de xullo

A agrupación madrileña actuará no paseo marítimo do Burgo ás 23:00 horas

Culleredo volverá vibrar co Burgojazz

O evento desenvolverase do 1 ao 4 de xullo na aula da natureza Juan Lembeye do xardín botánico do Burgo.

Aberto o prazo de preinscrición nas clases de iniciación á música no conservatorio ata o 8 de xullo

O día 12 de xullo publicarase a lista de admitidos e a matríiculación será do 1 ao 9 de setembro.

 

O Concello deseña un dispositivo de seguridade polo concerto de Mago de Oz

Culleredo dispoñerá dun dispositivo de seguridade para este venres, 1 de xullo, debido ao concerto de Mago de Oz, previsto para as 23 horas no paseo da ría do Burgo.

 

 

 

Culleredo acollerá no paseo do Burgo o Mercado Templario

Artesanía, alimentación, animación de rúa e moita música en directo do 30 de xuño ao 3 de xullo no paseo marítimo do Burgo.

O Concello de Culleredo participará na Campaña “LIBERDADE DE SER E SENTIR!” da Deputación da Coruña

A iniciativa traballa por visibilizar a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero e, co propósito de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais.

Almeiras acolle este sábado o 39 Torneo de Chave Concello de Culleredo

Terá lugar este sábado, 25 de xuño, na rúa dos Presidentes, en Almeiras.

 

Exposición de actividades das Escolas Culturais 2021-2022

Na aula de natureza "Juan Lembeye" de mércoles a venres en horario de 18:00 a 21:00 horas.

 

Festivais municipais de ximnasia rítmica e patinaxe

O Concello de Culleredo organiza o domingo, 19 de xuño, ás 11.00 horas, no polideportivo do Burgo os festivais municipais de ximnasia rítmica e patinaxe. No evento poderase gozar do espectáculo de humor de Peter Punk. O acceso é gratuito.

As bibliotecas de Culleredo súmanse á iniciativa 'Orgullo de ler'

O programa será desenvolto co gallo da conmemoración do mes do orgullo LGTB+.

A 'Cullerciencia' regresa este sábado a Culleredo cunha programación repleta de actividades

A xornada desenvolverase o sábado, 18 de xuño, a partir das 11:00 horas na explanada do paseo marítimo do Burgo cun catálogo repleto de actividades para achegar a ciencia a todos os públicos.

Culleredo acolleu a presentación do libro de ilustracións "Recopilación de dibujos y pinturas" de Yago Arias

O acto tivo lugar no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo 

 

Campamentos de Verán do CIPAX 2022

O Concello de Culleredo, a través do CIPAX, organiza campamentos de verán para a mocidade. O prazo de preinscrición estará aberto do 4 ao 12 de xuño. As actividades desenvolveranse do 4 ao 15 de xullo.

Nace a Cullerciencia, que se celebrará o 18 de xuño no Paseo Marítimo do Burgo

O Concello de Culleredo presentou esta mañá a Cullerciencia, que se celebrará o próximo 18 de xuño no Paseo Marítimo do Burgo, de 11:00 a 20:00 horas. Esta idea emana do propio alumnado. Contará con varios espazos diferenciados. Haberá unha área de exposicións destinada ao alumnado, para que mostre as súas creacións científicas. E outro para as institucións. Programaranse charlas de ciencia, con personalidades do ámbito. Será o caso de Jorge Mira ou de Margarita Poza.

A actividade administrativa do padrón estará inactiva de cara o público os días 6 e 7 de xuño

O Concello de Culleredo, en virtude da mellora dos servizos administrativos municipais, comunica que a actividade do padrón estará inactiva de cara o público os días 6 e 7 de xuño. 

O Concello habilita un dispositivo especial para asegurar o estacionamento na Tarriomería e a Final 4 de balonmán

O Concello de Culleredo habilitará esta fin de semana un dispositivo especial para asegurar o estacionamento na Tarriomería e a Final 4 de balonmán, xa que se prevé unha gran afluencia de público en ambos eventos. 

Anunciados os cursos de natación do Club Natación Culleredo para este verán

As actividades desenvolveranse durante o mes de xullo na piscina de Acea de Ama

O Club Natación As Mariñas anuncia a campaña de verán 2022

O prazo de preinscrición abrirase ás 09:00 horas do vindeiro 14 de xuño

Rubén Fernández pecha a serie de confirmacións para un Burgojazz 2022 que recupera o seu formato tradicional

Sumarase ás actuacións de lejandro Vargas Trío, Volando Libre, Zumaque Trío, Zafra, Pablo Sanmamed Trío e No Reply

Pleno extraordinario da corporación con data 19 de maio de 2022

A corporación do Concello de Culleredo celebrará mañá, xoves 19 de maio, unha sesión extraordinaria do Pleno, ás 9:30 horas. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina