Culleredo acollerá a III Carreira Nocturna COFC o 9 de xullo

O Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña (COFC) celebra o sábado 9 de xullo a partir das 21:30 horas a iniciativa central da súa campaña de fotoprotección. A recollida do dorsal,chip e camiseta terá lugar o mesmo día da carreira desde as 19:30 ata as 21:00 horas na explanada -aparcamento do paseo marítimo do Burgo.
 
A competición foi presentada polo presidente de la AECC de A Coruña, Manuel Aguilar, o edill de Deportes de Culleredo, Miguel Suárez, e o presidente del COFC, Héctor Castro
 
Para apoiar a mensaxe da campaña de fotoprotección e para trasladar a mensaxe de que o deporte se debe realizar fóra das horas centrais de sol do día e aínda que estea nubrado, celébrase unha nova edición dun evento deportivo que en edicións anteriores congregou a varios centenares de participantes, con linteras frontais, ao longo de 5 quilómetros no paseo marítimo do Burgo, en Culleredo. 
 
Nesta edición da campaña celebrarase a III Carreira Nocturna COFC, que nesta ocasión incluirá un recoñecemento para o farmacéutico e a farmacéutica gañadores, así como dúas probas infantís de 200 e 500 metros que non son competitivas.
 
Podedes consultar o regulamento, máis información e inscricións aquí
 
A recadación derivada da inscrición na carreira, 4 euros por persoa, volverá ser a beneficio da Asociación Española contra el Cáncer da Coruña.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina