Os veciños de Culleredo terán a oportunidade o vindeiro lunes, 23 de novembro, de aprender os detalles da factura de electricidade e coñecer métodos para reducila. ADICAE, Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros, desenvolverá una aula sobre os dereitos dos consumidores en materia enerxética.
Culleredo súmase á campaña da asociación Parkinson Galicia para sensibilizar á cidadanía sobre a enfermidade. Por iso, este venres 20 de novembro, a asociación e o Concello plantarán unha árbore no paseo marítimo do Burgo (xunto á EDAR á beira do Xardín Botánico) un álamo temblón, cunha placa conmemorativa.
ALMA, Apoio á Lactación Materna, coa colaboración do Concello de Culleredo, organiza a xornada "Coidados sanitarios e primeiros auxilios de menores". Será este venres 20 de novembro no Pazo de Vila Melania, en horario de 17.00 a 20.30 horas.
O Concello de Culleredo lanzou a inscrición para a próxima saída dos maiores: unha excursión á ría de Ares. Terá lugar o sábado 14. A actividade enmárcase no programa de visitas a paraxes naturais que están a efectuar os maiores.
Culleredo buscará sensibilizar sobre os trastornos de personalidade na II Andaina Solidaria da asociación TP GALICIA polo monte Xalo. Terá lugar o domingo 4 de outubro, en colaboración co Concello de Culleredo e con Castelo Deporte.
O Concello de Culleredo publica as listaxes definitivas das persoas inscritas nas actividades municipais de Benestar Social para o curso 2015/16.
O Concello publica a lista provisional de admitidos/as nas actividades convocadas pola área de Benestar Social. O dia 30 de setembro publicaranse as listaxes definitivas das persoas admitidas así como a data de inicio das mesmas.
O Concello de Culleredo prosegue coa súa colaboración con ADICAE, en prol dos dereitos dos consumidores. Nesta ocasión, o municipio cullerdense forma parte da campaña da entidade aproveitando a celebración do Día Europeo de Protección do Consumidor Financeiro. A actividade será o xoves, 4 de xuño, ás 19.00 horas no Pazo de Vila Melania (Vilaboa).
O Concello de Culleredo continúa co seu plan de viaxes para maiores no seu programa de dinamización comunitaria. Este ano teñen lugar en paraxes naturais. O vindeiro sábado 13 de xuño a excursión será a Vegadeo e Ribadeo, incluíndo unha visita á praia das Catedrais.
Os veciños de Boedo xa gozan do novo centro social. Finalizados os traballos de instalación da casa, o Concello de Culleredo entregou aos residentes as chaves do local veciñal, situado na chaira xunto á ponte da AVE, onde leva a cabo a tradicional festa no verán.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER